QUE É UNHA COMUNIDADE ENERXÉTICA?

As comunidades enerxéticas locais son entidades xurídicas formadas por unha agrupación de socios (como persoas físicas, asociacións, PEMEs, administracións públicas…) que voluntariamente, e con participación cooperativa, establecen os seus obxectivos na obtención de beneficios enerxéticos, sociais, ambientais e económicos para os membros dunha comunidade ou terceiras persoas. 

Baixar

ONDE SE FARÁN AS INSTALACIÓNS DE AUTOCONSUMO?

Inicialmente, o Concello de Betanzos porá á disposición da Comunidade Enerxética aquelas cubertas que sexan aptas para instalar enerxía fotovoltaica. Naqueles casos nos que non existan cubertas municipais estudarase a posibilidade de utilizar cubertas privadas ou mesmo instalacións en solo. O Concello parte da instalación polideportiva do Carregal e a partir de aí, poderán unirse socios e socias nun radio de 2,5 quilómetros. Nesta primeira fase o número máximo de persoas usuarias particulares é de 75.

Baixar

COMO SE FINANCIA A COMUNIDADE ENERXÉTICA?

A Comunidade Enerxética local de Betanzos financiarase pola achega das persoas participantes, así como a través de axudas públicas e colaboración con entidades privadas.

Comunidade Enerxética de Betanzos

O Concello de Betanzos está a traballar na creación dunha comunidade enerxética e para isto realizou os estudos técnicos e xurídicos previos de viabilidade do proxecto.

Baixar

COMO FUNCIONA UNHA COMUNIDADE ENERXÉTICA?

As persoas e empresas que desexen participar na Comunidade Enerxética de Betanzos desenvolverán proxectos de autoconsumo enerxético, principalmente fotovoltaico, nos que obterán un aforro na súa factura da luz. Os aforros poden chegar dende un 35% ata un 60%.

Baixar

Aviso legal

O Concello de Betanzos pon a disposición dos usuarios e usuarias de Internet a súa páxina web, co fin de proporcionarlles información e servizos. Esta institución non se fai responsable da información que outras persoas físicas ou xurídicas poidan ofrecer, ben a través da súa páxina ou de calquera outra que puidese estar relacionada con esta, nin se responsabiliza do uso que poidan facer terceiros da información aquí contida. O Concello de Betanzos pon a dirección de correo comunicacion@betanzos.net a disposición dos usuarios e usuarias para que poidan manifestar a través dela as súas queixas, comentarios, suxestión… en relación coa información que se proporciona a través deste portal.

Débese de advertir que a propiedade intelectual de tódolos contenidos do sitio web (textos, imáxes, fotografías, dibujos, gráficos, software, etc.) corresponden ó Concello.

Débese de establecer que a posta á disposición dos usuarios dos contidos non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito da explotación o seu favor distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do sitio web.

Débese de prohibir calquer uso dos contidos do sitio web e, en particular a súa explotación, reproducción, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquer medio, posterior publicación, exibición ou comunicación pública, as cales, de producirse, constituirán infracción dos dereitos de propiedade intelectual do Concello, sancionados pola lexislación vixente.

Actualización e modificación da páxina web

O Concello de Betanzos resérvase o dereito a actualizar, modificar e/ou eliminar a información contida na súa páxina web, así como a configuración e presentación dos seus contidos, en calquera momento, sen previo aviso e sen asumir responsabilidade algunha por isto.

Aspectos técnicos

Asemade, o Concello de Betanzos non asume ningunha responsabilidade que se puidese derivar de problemas técnicos ou fallos nos equipos informáticos, non imputables á súa páxina web, que se produzan durante a conexión á rede de Internet, así como dos danos que puidesen ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Concello de Betanzos. Esta entidade tamén queda exonerada de toda responsabilidade ante posibles danos ou prexuízos que poida sufrir o/a usuario/a a consecuencia de erros, defectos ou omisións na información que se facilite cando proceda de fontes alleas ao Concello de Betanzos.

Privacidade

Os datos de carácter persoal que nos faciliten a través desta web serán incorporados a un ficheiro de titularidade municipal cuxa finalidade é a xestión e control de usuarios da plataforma de administración electrónica. Poderán exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito, acompañado de fotocopia de DNI ou documento equivalente, que poderá ser presentado no Rexistro do Concello, enviado ó Concello de Betanzos, Praza de Galicia S/N, 15.300 – Betanzos, á dirección de correo electrónico comunicacion@betanzos.net ou ó fax nº 981776520.

Cookies

Apúntate aquí

Enviando un correo electrónico cos teus datos: Nome, Apelidos, DNI, Dirección e Referencia Catastral ao correo electrónico

Formulario

Ou premendo no seguinte botón para achegar os teus datos